Cultura e Deportes

Biblioteca

A Biblioteca pública atópase ubicada no baixo da Casa do Concello, e inclúese na rede de bibliotecas da Xunta de Galicia.

Ten uns 5000 volumes de diversa temática (enciclopedias, novelas, literatura infantil,…). Posúe un curruncho para os máis pequenos con material didáctico propio da súa idade.

A solicitude do carné de socio/a da biclioteca pódese tramitar nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica

Oficina de Información Xuvenil

Ubicada no baixo da Casa do Concello e incluída no rexistro da Xunta de Galicia co número 32-003-SIX-055. O persoal que a atende realiza funcións de información xeral e tramitación de solicitudes aos distintos organismos e entidades privadas, entre outros a expedición do carné xove.

A solicitude do carné xoven pódese tramitar nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica.

Servizo de Cultura, Informática e Telecomunicacións

O acceso dos veciños á cultura, medio de comunicación e novas tecnoloxías ocupa un lugar prioritario nos servizos que presta o concello.

O servizo de cultura e lecer programa ao longo do ano actividades destinadas aos distintos sectores da poboación: a visita de Papá Noël, Reis Magos, Pazolandia, Cine ao aire libre, representacións teatrais, títeres, conta contos, magos, programación do tradicional Magosto… son algunhas das actividades desenvolvidas. Ademais da xa coñecida e declarada de interese turístico galego Festa do Pemento.

O achegamento da informática e das redes de telecomunicacións aos veciños é outra das inquedanzas deste servizo municipal, para o que se puxo en funcionamento o programa de Internet Rural, con varios terminais con acceso a internet na Biblioteca do concello para o uso gratuíto dos veciños, así como o sistema WIFI para o acceso á banda ancha nas vivendas do municipio.

Servizo de Deportes

Dende esta sección xestiónase o funcionamento das instalacións deportivas de titulariedade municipal (polideportivo, pistas de tenis, pista multiusos), así como a programación de actividades deportivas no municipio.

Para a utilización das anteriores intalacións farase a oportuna solicitude, de acordo coas normas e requisitos que figuran no regulamento de funcionamento das instalacións deportivas aprobadas polo Pleno do Concello.

A solicitude de acceso ás instalacións deportivas pódese tramitar nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica

O concello é titular do campo municipal da Queixeira, onde xoga habitualmente o Atlético Arnoia.

Scroll ao inicio