Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 24 de xuño de 2017

.: Saúdo do alcalde

 

D. Rodrigo Aparicio Santamaría

 

 

É unha ledicia para min podervos dar a benvida a este espazo virtual,   que pretende ser a casa común de todos os veciños de A Arnoia.

Aquí poderedes atopar todo tipo de información relacionada co concello, e tamén poderedes levar a cabo gran parte das xestións relacionadas coa administración local.

O noso obxectivo é abrir un espazo de comunicación, diálogo e traballo, facendo da eficacia dos servizos municipais a nosa razón de ser, vinculando estes coa proximidade, a transparencia e a facilidade, para a cidadanía. Por iso, convídovos a que enriquezades este Concello coas vosas suxestións, as vosas inquedanzas, as vosas queixas e reclamacións, pois así teremos a oportunidade de darlle mellor e mais rápida resposta.

Este é o propósito da nova páxina web, que ofrecerá paulatinamente tanto un maior caudal de información sobre os distintos servizos municipais, como a posibilidade de realizar todo tipo de trámites, xestións e consultas administrativas a través da rede, con absoluta garantía de confidencialidade e seguridade.

Agardo que atopedes nestas páxinas o instrumento axeitado para o diálogo entre os representantes que tedes no concello e todos vós.

 

Benvidos de novo e un cordial saúdo


 

 

 

 

 

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es