Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 24 de xuño de 2017

.: Como chegar

Plano de localización

Se quere calcular a ruta da súa viaxe ata Arnoia, coñecer puntos de interese, onde parar...pode utilizar os seguintes servizos online:

 

   Mapas Google MAPS  

URL: http://maps.google.es/maps...

         

   Guía Campsa  

URL: http://www.guiacampsa.com...

       

 

 

O concello de Arnoia forma parte da bisbarra do Ribeiro. É un concello de pequena extensión -20 Km cadrados-, contando cunha única parroquia, San Salvaldor, e emprázase a ámbalas dúas márxes do río Arnoia, do que toma o seu nome. O seu límite occidental formao o Miño, na súa zoa remansada de Frieira. Esta circunstancia confírelle unha beleza paisaxística inusual, aumentada pola desembocadura do Arnoia, de exuberante vexetación. Panorámica de Arnoia

Na súa configuración orográfica observanse dúas zoas ben diferenciadas: a correspondente á citada desembocadura, moi fértil tendo como cultivos tradicionais o viño e os productos hortofrutícolas. A segunda zona as estribacións de Coto Novelle, netamente forestal.

A capitalidade sitúase en Outeiro Cruz, non existindo entidade de poboación co nome de Arnoia.

 

Accesos ó concello

Pódese considerar Arnoia como un concello de fácil acceso, situado no punto medio da estrada provincial OU-402 Ourense-Portugal (Melgaço, 23 Km.) que discurre pola marxe esquerda do río Miño. Dende esta, parte unha estrada local a Ribadavia (3 Km.) que da acceso á autovía A-52 Rías Baixas (Ourense, 24 Km., aeroporto de Peinador, 72 Km. e Vigo, 78 Km.), e á OU-210 que vai a O Carballiño (21 Km.) e dende alí a Pontevedra (78 Km.) collendo a N-541, e por Cea (29 Km.) á N-525 (Santiago, 111 Km. e aeroporto de Labacolla 125 Km.)

Outra forma de acceder ao municipio é mediante o servizo de autobús, Anpian, realiza catro servizos diarios: Ourense - Ribadavia - Pontebarxas. Dende Ribadavia servicios a O Carballiño, A Cañiza, Ourense, Pontevedra e Vigo (Auto Industrial), norte de España (Alsa), Madrid (Intercar) e Barcelona (Vibasa).

En canto ó ferrocarril a estación máis cercana é Ribadavia, na liña Vigo-Ourense, que facilita as viaxes rexionais e nacionais.Mapa de localización de Arnoia

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es