Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 18 de novembro de 2017

.: Novas

venres, 03 de novembro de 2017

Subvención do INEGA ao Concello de Arnoia para a instalación de calefacción na antiga Cooperativa do Pemento

O Concello de Arnoia foi beneficiario a través da Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2017, cofinanciadas polo FEDER, dunha subvención para a instalación de calefacción en sala da antiga Cooperativa do Pemento

Esta subvención, de 7.453,60 €, ten como finalidade acadar os seguintes indicadores:

Os indicadores de produtividade asociados a esta operación son o CO30 e o CO34 e teñen por obxecto, a capacidade adicional para producir enerxía renovable (potencia instalada en caldeiras de biomasa) e a redución anual estimada de gases efecto invernadoiro sendo as unidades de medida correspondente aos mesmos a potencia en MWe as toneladas equivalentes de CO2/ano respectivamente.

Os resultados destes indicadores neste proxecto son:

Potencia instalada: 0,022 MW

Redución anual estimada de gases efecto invernadoiro: 3,617 Tn CO2/ano

O indicador de resultados asociados a esta operación é o R04X1-Capacidade de produción e distribución de enerxía renovable para usos térmicos (ktep) 544.

 

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es