Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

mércores, 29 de marzo de 2017

.: Historia

Orixe da palabra "Arnoia" 

Comenzaremos sobre a orixe da palabra "arnoia" da que hai diversidade de pareceres. Para Murguía na "História de Galiza" pensa que a súa orixe ven do sanscrito de arna (rio). Según Santiago y Gómez ten outra orixe e así di o Padre Samuel Eiján:

"le busca probable origen en el dialecto guipuzcoano y vizcaíno, que llaman ardo o ardao al vino, o en el bajo navarro que lo nombra arno. Según esto, debiera darse a la palabra arnoia o arnoya, el significado vino, que se toma en antiguo gallego".

 

  

Feitos históricos na Arnoia 

Como veremos neste resumo a historia do noso concello segue os grandes fitos xerais da historia de Galicia

A ocupación do noso territorio remóntase polo menos á época castrexa da cal se ten constancia. Tamén quedou constancia en Arnoia do paso dos romanos, a través de restos arquelóxicos. Xa na Idade Media e ao amparo dos mosteiros, existen varios escritos referentes ás terras de Arnoia. A Inquisición tamén estivo presente en Arnoia, así como os franceses, que se pasearon por estas terras e as partidas carlistas. Todo elo quedou ben documentado gracias a, entre outros, os escritos do Padre Samuel Eiján.

Podemos polo tanto, en base aos restos arqueolóxicos atopados, e os escritos existentes, distinguir na historia de Arnoia as seguintes épocas:

 

  Arnoia castrexa 

  Arnoia romana

  Arnoia na Idade Media

  A Inquisición en Arnoia

  Os franceses en Arnoia

  Os Carlistas en Arnoia

 

 

Documentos de interese

Foto do "orfeón" de Arnoia

Foto do "orfeón" de Arnoia, chamado "Airiños da Aldea", do ano 1929, retratados despois de haber gañado un campeonato de corales en Ribadavia, e na que poden verses a personaxes como "O Cartelle", o párroco D. Emilio, Rodrigo (o cantor) de Sendin, o Guntín do Bacelo e outros da época que os veciños de maior idade poderán recoñecer.

Proposta para o escudo heráldico do concello de Arnoia

Documento Adobe Acrobat, 268KB

Panfleto actuación do grupo Rondalla Española Arnoia

Documento Adobe Acrobat, 663KB

 

 

 

  

  

Enlaces de interese

  Alcaldes de Arnoia 

  Himno de Arnoia

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es