Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 24 de xuño de 2017

.: Actividades turísticas

Entorno xunto á Vila TermalTanto as augas dos ríos como as ribeiras e os montes propician o desenvolvemento de actividades recreativas e deportivas, de grande interese na actualidade. Deportes náuticos: as augas da Peneda son apropiadas para a práctica do rafting, e o piragüismo. Na misma Peneda e nas áreas recreativas de Inquiau e Poldras hai zonas adecuadas para o baño de escasa peligrosidade.

Contando cos elementos naturais e aproveitando o patrimonio cultural foron deseñadas rutas de sendeirismo, debidamente sinalizadas e con folletos orientativos, con varias distancias e dificultades, recollidas en publicacións especializadas, e que concitan a visita de moitos aficionados. Algúns tramos son comúns e outras rutas están habilitadas para bicicletas de montaña.

 

Fauna nas ribeiras do rioÓ estar bañado o nosos concello por dous importantes ríos, son moitas as posibilidades que se ofrecen para o deporte da pesca, que conta cada vez mais con maior número de aficionados.

Son abundantes as troitas, anguías e outras especies aptas para a pesca. Ademáis nas augas do encoro de Frieira está permitida a pesca durante todo o ano, excepto a troita.

O concello xestiona un criadeiro de troitas que lle permite facer repoboacións e incrementar a capacidade pesqueira do río Arnoia.

Pola importancia que están acadando os deportes da natureza, vaise por en marcha unha empresa de guías de pesca desde embarcación, para atender a demanda, especialmente dos clientes do hotel e das casas de turismo rural do concello.

Os montes do concello pertencen o Coto Local de Caza, que xestiona o seu uso. A súa superficie e de 601 Has. e está destinado tanto a caza maior (xabaril) como a menor (coello e perdiz).

Na actualidade está desenvolvendo un proxecto para limpeza e sementado do monte, para a recuperación das especies de valor cinexético e construindo unha zona de caza intensiva, que servirá de importante atractivo turístico.

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es