Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

mércores, 26 de abril de 2017

.: Empresas locais

Hotel Balneario ArnoiaCaldaria

Logotipo Hotel Balneario ArnoiaCaldaria

HOTEL BALNEARIO ARNOIACALDARIA


Dirección: C/ Vila termal 1. Arnoia - 32417 - Ourense.
Teléfono: 988 492400
Fax: 988 492422
E-mail: reservas@caldaria.es
Central de reservas: Tlf. 902 492400 – Fax: 988 284084
Web: http://www.caldaria.es


Construido en 1995, está situado en pleno corazón do Ribeiro, a catro kilómetros da Vila Histórica de Ribadavia, e próximo ás principais cidades galegas. Xunto ós ríos Miño e Arnoia, entre montes e bosques, rodeado de xardíns, é o lugar idóneo para disfrutar da Saúde, Natureza e Descanso. Un lugar privilexiado para disfrutar en toda a súa plenitude.

Nun paisaxe de ensono, cun microclima excepcional, o ambiente apacible dos balnearios, con instalacións de vangarda, un excelente equipo de profesionais, o desexo de aunar a Saude co Ocio e a Natureza, con embarcadoiro para disfrutar dos viaxes en catamarán polo Miño, modernas instalacións hoteleiras, excelentemente comunicada coa autovía Vigo-Ourense, a Vila termal de Arnoia é sin duda un dos lugares máis atractivos de Galicia para coñecer e disfrutar. 


O HOTEL

Un elegante edificio enclavado nas ribeiras do Miño en perfecta armonía coa natureza e equipado con todo o necesario para facer da súa estancia algo inolvidable.

Vista da fachada principal do Hotel BalnearioVista dun dos salóns de convenciones do Hotel Balneario Vista dunha das habitacións do Hotel Balneario

Dispón de 50 confortables habitacións equipadas con baño, teléfono, calefacción, aire acondicionado, caixa forte e televisión   satélite. A metade délas conta cunna terraza dende a que se poden contemplar unhas magníficas vistas da comarca. O Hotel tamén conta con habitacións adaptadas para minusválidos.

Restaurante á Carta, no que a cociña internacional fará as delicias do padal máis esixente.

Café-Bar, o mellor lugar para disfrutar dun agradable tempo de ocio.

Salón para banquetes con capacidade para 250 persoas.

Servicio de peluquería.

Parque infantil, amplios xardíns, pistas polideportivas.
  

O BALNEARIO

A mellor opción para disfrutar da Balneoterapia. A calidade das súas augas termais, o incomparable paraxe natural no que se atopan e as modernas técnicas que se aplican nesta estación termal contribuen ó seu benestar.

Bañera verticalSillóns térmicosPiscina exteriorPiscina interiorPiscina exterior

As súas augas hipotermais, de mineralización débil, sulfuradas-bicarbonatadas, fluoradas, PH cerca da neutralidade, emanan a unha temperatura de 22ºC.

O tratamento estrela: O Termariun, con baños de esencias, pediluvios, e unha sauna de calor seco con cromoterapia e aromaterapia.

   

TRATAMENTOS

O cansancio e agotamiento do corpo son fácilmente recuperables. Os tratamentos que aplicamos nesta estación termal  axudaranlle a atopar a vitalidade e enerxía necesaria para afrontar a actividade diaria.

  • Balneación, con baños de hidromasaxe, de burbullas e baño niágara, ideal para os que buscan unha total relaxación.
  • Aplicaciones a presión: Chorro, ducha circular, ducha filiforme. A mellor forma de estimular o nóso organismo.
  • Masaxes e masajes baixo ducha para liberarse das tensiones.
  • Tratamentos de estética facial e corporal que ofrecen un excelente resultado.
  • Termarium, piscina exterior de auga quente, piscinas interiores climatizadas,  tratamentos antiestrés...


CONVENCIÓNS E CELEBRACIÓNS

O Hotel Balneario dispón dunhas instalacións idóneas para a celebración de calquera tipo de evento.

Dispón de 3 salóns de convencións ("Terralonga" "Nairoa" e "Ribeiro"), que se adaptan completamente ás exigencias requeridas para cada ocasión.

Salóns para banquetes con capacidade para 250 persoas, decorados coa elegancia que require este tipo de celebracións.

Salón social, chamado "Salón Miño", fóra do edificio principal, o que permite organizar festas hasta altas horas da madrugada, sen perxuicio dos clientes que están nas habitacións.

 

ACTIVIDADES

Vista do embarcadoiro do catamarán no Hotel Balneario

Outras actividades ou servicios que oferta o Balneario Hotel ArnoiaCaldaria son:

  • Viaxes en catamarán realizando a denominada "Ruta dos Balnearios".
  • Visita ós mosteiros do Ribeiro, a monumental vila de Ribadavia....lugares de gran interés paisaxístico.
  • Pistas polideportivas nas que practicar todo tipo de deportes.
  • Alquiler de bicicletas de montaña.Cicloturismo
  • Tamén o poñemos en contacto con empresas que organizan actividades de sendeirismo, paseo a cabalo, e lle informamos, ademáis, do patrimonio arquitectónico da zona.

 


Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es