Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

luns, 29 de maio de 2017

.: Servizos de Augas e Sumidoiros

Depuradora municipalAs dependencias para consultas, información e xestión de trámites relacionados con estes servizos atópanse nas oficinas da Casa do Concello.

O persoal de mantemento atende as reclamacións ou avisos que se produzan nas redes de auga e sumidoiros de carácter municipal, supervisando os distintos controis sanitarios que establece a lexislación vixente.

Teléfono de información e xestión: 988 486900.

Teléfono de contacto permanente: 669 775759 (Sr. José Antonio)

 

Servicio de abastecemento de auga domiciliaria

O concello dispón de 3 depositos reguladores para o abastecemento de auga á poboación e unha rede xeral conectada coas distintas "traídas de auga" que fai moitos anos instaláronse coa axuda persoal e económica dos veciños. Agora estase facendo unha nova rede que en 2 ou 3 anos chegará a todos os fogares, pero de momento está garantido o fornezo ben directamente ou ben a través das redes primitivas contruídas fai uns 40 anos. O auga fornecida procede de dous manantiales e dun pozo para o bombeo en caso de necesidade.

Ver esquema das instalacións.

 

Servicio de tratamento de augas residuales

O concello dispón dunha planta depuradora de augas residuales con capacidade para atender as necesidades de 2.000 habitantes á que chega un colector que a través da beira do río Arnoia vén recollendo os distintos afluentes dos diferentes pobos do concello. No caso de Remuiño, Reza e Porqueira ao non ser posible a canalización a esa planta instaláronse depuradoras compactas para tratar as súas augas residuales. Queda o pobo de Lapela cunha fosa séptica que haberá que reconverter nunha compacta dependendo do volume de auga a tratar.

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es