Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

luns, 29 de maio de 2017

.: Servizos Sociais

O concello de Arnoia presta os servizos sociais o traveso da Mancomunidade I. V. do Ribeiro, á que pertence dende a súa creación alo no ano 1988.

A asistente social ven dous días á semána, luns de 09:00 a 14:00 horas e mércores de 09:00 a 14:00 h. Os restantes días pódese contactar con elas o traveso dos teléfonos 988 471 470 e 988 477 157, ou na súa sede na Praza Maior de Ribadavia, xunto á recadación da Mancomunidade, baixo os soportais do concello.

Á asistencia prestada en temas de asuntos sociais (RISGAS, DEPENDENCIA, RESPIRO SOCIAL, INGRESO EN RESIDENCIAS, VACACIÓNS MAIORES, EMERXENCIA SOCIAL, etc...), engádense o Centro de Información da Muller e o Servizo de Axuda a Domicilio.

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es