Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

venres, 22 de setembro de 2017

.: Himno de Arnoia

Esta é a letra do himno de Arnoia, que tan ben reflicte a realidade e a beleza da nósa terra, e fai clara mención ás raices de Arnoia e de todos os arnoienses:

Paisaxe de ArnoiaÉ Arnoia nosa terra
Terra linda e sen rival,
Sombreada de parriñas,
Dende a Reza ata o Rial.

Viva a nosa terra,
Terriña do viño
Terra do pementos, 
Terra das cebolas,
Á beira do río. (bis)

As mariñas xa secaron,
É tempo de recollelas,
E metelas na bodega
Para que non vexan as estrelas. 

Viva a nosa terra,
Terriña do viño
Terra do pementos, 
Terra das cebolas,
Á beira do río. (bis)

Somos arnoieses,
Da terra do viño,
Ó lugar do cabo,
Chámanlle Remoiño.
Vamos rapaciños, cruzando a Queixeira,
Para xuntarnos todos
No campo da feira.

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es