Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 22 de xullo de 2017

.: Arnoia romana

"Dúas novas aras romanas na provincia de Ourense". Así aparecía a noticia no diario "La Región" de Ourense o 24-8-78 e 26-8-78, onde se da conta do seu descubrimento e ingreso no Museo Provincial.

Estas dúas aras foron descubertas na nosa parroquia e así aparecen descritas no "Boletín Auriense. Tomo IX (1979) 289-293". E a separata feita por Julio Rodríguez González é a que nos usamos.

"Tratase de dúas aras votivas de granito de grau groso moi alterado, encontradas no término do Foro, lugar de Sendín, parroquia de San Salvador de Arnoia (Concelho de Arnoia)."

Nunha "a lectura que presenta é; IOVI (A Júpiter).

Na outra: SOLI (AO SOL).

"Se por unha parte xa é longa a lista de aras coñecidas dedicadas a Xúpiter na provincia de Ourense, non sucede o mesmo coas dedicadas ó Sol; ésta, xuntamente coa cercana de Santa María do Condado (Padrenda) son as dúas únicas aras adicadas ao sol ooñecidas deica o momento. Isto de que as dúas únicas aras adicadas ao sol coñecidas na provincia de Ourense se atopem no Val do Arnoia, e que en Galiza simplemente teñamos noticia de outra gardada no museo Provincial de Pontevedra, pode levarnos a pensar que o arasolis de que fala Barros Silvelo, que debeu existir en Galiza, se encontre no Val do Arnoia".

"O feito de que estas dúas aras, unha dedicada a Xúpiter e outra ao Sol apareceran no mesmo contexto arqueolóxioo, ponnos en relación con: "El templo de Jupiter era igual que el del Sol a excepción de la cúpula superior que sólo se cubría con media bóveda. Estos templos se edificaban en determinadas localidades conforme convenía a cada uno, según sus atributos".

Queda así probada a estancia dos romanos na parroquia.

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es