Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 18 de novembro de 2017

.: Festa do pemento

A vida económica do concello xira en torno a dous eixos principais: o viño e o pemento que na actualidade vénse complementados polo turismo, e van da mán nos días de celebración da FESTA DO PEMENTO.Recolleita do pemento

O primeiro protagonista da Festa do Pemento é, como é lóxico, o "pemento de Arnoia". Esta hortense oriunda de América adaptouse perfectamente ao lugar. O tipo de chán, microclima e coidado tradicional, unidos á pureza dos manantiais de auga de regadío, producen o chamado pemento de Arnoia.

Recolleita do pemento

Distínguese pola súa cor (gama de verdes que viran ao vermello suave con ocasión da madurez), o seu brillo e tersura, a finura e consistencia da súa carne, o recendo e de modo especial, o seu sabor. En catas realizadas foi definido como "un producto de alta calidade, unha auténtica delicatessen".

O outro protagonista da Festa do Pemento é o viño, amparado pola Denominación de Orixe Ribeiro.

A Festa do Pemento orixínase ao aunar a festividade do Patrón da parroquia de San Salvador e un acontecemento gastronómico que se desenvolve en torno ao pemento de Arnoia e o seu cultivo. As festas populares teñen gozado de sempre de excelente acollida en Galicia, e máis se se lles une, un bo aliciente culinario. Eso pensaron os concelleiros da primeira corporación democrática, capitaneados polo Alcalde, e puxeron máns á obra para celebrar a 1ª Festa do Pemento, os días 1, 2 e 3 de agosto de 1980.

Acompaña o éxito aquela empresa, tendo sona a nivel nacional e sendo declarada Festa de Interese Turístico Galego.Festa do pemento na carballeira da Queixeira

Consta a celebración de actos relixiosos, degustación de pementos de Arnoia regados cos bos ribeiros, verbenas populares, así como actos oficiais e protocolarios, xunto con acontementos culturais e deportivos. Transcorren os actos festeiros nunha carballeira, A Queixeira, acondicionada a tal efecto e dotada de mesas, bares, stands de exposición de productos e todo tipo de servizos, así como unha extensa zona de aparcamento.

A Festa do Pemento celébrase todos os anos, o primeiro domingo de Agosto, empezando os festexos a noite do xoves anterior, cunha festa para os veciños, que durante os días grandes poñen todo o seu agarimo na atención aos visitantes.

As razóns, a referida festa patronal, non coincide con outras festas gastronómicas, é época de vacacións e regreso de emigrantes, e o máis importante, os pementos de Arnoia atópanse no seu óptimo sabor.

 

Enlaces de interese

 Programa da Festa do Pemento

 Cartel da edición actual

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es