Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 18 de novembro de 2017

.: San Roque

Lugar de celebración e actividades habituaisSan Roque

Celébrase a súa festividade o día 16 de Agosto na capela de San Roque e manténse o "San Roquiño" o día 17.

É esta a festa principal do "val de San Vicente" e durante estos dous días pola mañá percorren os pobos grupos de gaitas ou charangas e polas tardes varias orquestras animan a verbena cunha importante afluencia de veciños e visitantes que se achegan para disfrutar ao campo da festa, aos pés da torre do reloxo.

Anos atrás xuntanzas de amigos aproveitaban para celebrar unha merenda-cea no antiguo turreiro da festa e nas adegas de San Roque.

As actividades relixiosas consisten na celebración da novena os días anteriores ao 16 e misa solemne os días 16 e 17 na honra do San Roque.

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es