Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 22 de xullo de 2017

.: Reencontros

A finais do ano 1991 comenzou a organización dunha viaxe dos veciños deste pobo emigrados a Arxentina e Uruguay que tiñan as súas raíces en Arnoia e que, en moitos casos, nunca poideran voltar a súa terra. Tivo a sua realización no verán de 1992.

Facilitóuse a viaxe a todos os que tiñan 60 ou mais anos de idade e levaban, alomenos, 10 anos sen voltar.

Os que non cumprian estes requisitos tamén se lles ofertou a posibilidade de viaxar cunha rebaixa importante no precio do billete e a participación en todas as actividades que se organizaron unha vez aquí.

Recibíronse 322 solicitudes de paisanos que querían visitar o seu pobo, e, nesta ocasión, viñeron 174. Os demais foron fallando por diversos motivos.

Na cofinanciación da viaxe e das actividades organizadas unha vez chegados a súa terra participaron:

  • Concello de Arnoia.
  • Xunta de Galicia.
  • Deputación de Ourense .
  • Caixa Ourense.
 

Con esta iniciativa o Concello de Arnoia quixo recoñecerlles o importante labor que fixeron pola súa terra.

No ano 1995, 64 veciños de Arnoia (entre eles o grupo de gaitas "Airiños de Arnoia") devolveron a visita nunha viaxe inesquencible para todos os que puideron disfrutar dunha semana en Bos Aires, cataratas do Iguazú, e Lujan en Arxentina e varias cidades de Uruguai. 

 

Documentos de interese

Transcripción da carta do Alcalde aos veciños de Arnoia

Documento Adobe Acrobat, 5KB

Transcripción da nota remitida polo “embaixador” de Arnoia D. Antonio Moure Cortes

Documento Adobe Acrobat, 5KB

Transcripción das Comunicacións enviadas por Antonio Moure e a súa familia

Documento Adobe Acrobat, 16KB

Relación de emigrantes que realizaron a viaxe

Documento Adobe Acrobat, 9KB

Actividades do programa Reencontros

Documento Adobe Acrobat, 4KB

 Video Reencontros: "Comida confraternidade"

Documento AVI, 82MB

 Video Reencontros: "Comida no Grove"

Documento AVI, 12MB

 Video Reencontros: "Chegada"

Documento AVI, 100MB

 Video Reencontros: "Festa do pemento"

Documento AVI, 12MB

 Video Reencontros: "Festa do pulpo"

Documento AVI, 5MB

 Video Reencontros: "Noticias TV"

Documento AVI, 22MB

 Video Reencontros: "Recepción no pazo de Raxoi"

Documento AVI, 53MB

 Video Reencontros: "Visita o centro social do Ribeiro"

Documento AVI, 13MB

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es