Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

venres, 18 de agosto de 2017

.: Solicitudes

Solicitude de informe urbanístico

Impresos

A información urbanística é o informe por escrito que expide o Concello, por pedimento do interesado, sobre o réxime urbanístico aplicable a un predio, unidade de actuación ou sector. É recomendable pedila antes de adquirir un predio ou presentar un proxecto de obra para solicitar licenza urbanística.

Dirixido a 

Persoas físicas ou xurídicas, e entidades que realicen calquera construcción, instalación ou obra.
A solicitude debe presentarse en modelo normalizado.
A INFORMACIÓN URBANÍSTICA NON TEN CARÁCTER VENCELLANTE.

Documentación a aportar

  • Solicitude.
  • Fotocopia do documento de identidade do solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
  • Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou casa.

Taxas

Exento de taxas.

Organismo xestor da solicitude

Concello de Arnoia 
Casa do Concello, Outeiro Cruz, 14
32417 - Arnoia

Tel.: 988 486900

Fax: 988 486901

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es