Novas

Inicio / Novas / Mellora das infraestruturas e equipamentos no P.A.I. de Arnoia

Mellora das infraestruturas e equipamentos no P.A.I. de Arnoia

Por resolución da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018, de axudas para investimentos na mellora das infraestruturas e equipamentos das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (P.A.I.) dependentes das corporacións locais, O Concello de Arnoia foi beneficiario dunha axuda por importe de 28.702,95 €, dun total de 34.600,00 €.

 

A axuda pública está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e a Xunta de Galicia.

 

O proxecto consistiu en obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas do P.A.I., así coma melloras de accesibilidade; adquisición de equipamento para desenvolvemento de actividades (mobiliario e material didáctico); dotación de conexión a internet e compra de dispositivos de novas tecnoloxías.