Dende o Concello lembramos á veciñanza o deber de manter limpas as fincas e montes
Bando de cobranza dos impostos sobre vehículos de tracción mecánica e de recollida de lixo do ano 2021
Dende a Mancomunidade de Concellos do Ribeiro informan que os impostos sobre vehículos de tracción mecánica e a taxa de recollida de lixo estarán en período de cobro voluntario entre os días 15 de marzo e 18 de maio, ambos incluidos.
Vacacións para lembrar 2019
Un ano máis, o Concello de Arnoia organiza unha viaxe para a veciñanza. Este ano será os días 12 e 13 de outubro a Oporto, cunha viaxe en barco polo Douro, Regua, Paredes e Valença. O prazo para anotarse é ata o 8 de outubro nas oficinas do Concello.
EDICTO DE COBRANZA DO IBI
A Tesourería da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro comunica que estarán ao cobro, en período voluntario, os recibos do IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS, do 4 de xullo ao 5 de setembro, ambos incluidos.
Vacacións para lembrar 2017
O noso Concello, como ven sendo habitual, organiza unhas “minivacacións” para os veciños. Serán os días 21 e 22 de outubro (unha noite de aloxamento), a Xixón, Covadonga, Cangas de Onís, Lastres, Taramundi e Ribadeo.
Bando de Limpeza de fincas
O Concello de Arnoia lembra a tod@s @s veciñ@s a importancia e o DEBER de manter as fincas nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada.
Bando ITV vehículos agrícolas
Terá lugar o día 4 de outubro de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 h, nas proximidades do pavillón. Pódese pedir CITA PREVIA no número de teléfono 902309000 ou na web www.sycitv.com. Bando ITV vehiculos agricolas
Edicto de cobranza Imposto sobre bens inmobles de características especiais 2017
A Tesourería da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro comunica que os recibos estarán ao cobro, en período voluntario, do 26 de xuño ao 28 de agosto, ambos incluídos.
Viaxe a Arxentina e Montevideo
Dende o concello estase a organizar unha viaxe a Arxentina e Montevideo que se desenvolvería entre os días 2 e 10 de decembro do presente ano. As prazas son limitadas, e serán adxudicadas por rigurosa orde de inscrición, con data límite o día 30 de maio.
- 1
- 2