O acceso dos veciños á cultura, medio de comunicación e novas tecnoloxías ocupa un lugar prioritario nos servizos que presta o concello.
O servizo de cultura e lecer programa ao longo do ano actividades destinadas aos distintos sectores da poboación: a visita de Papá Noël, Reis Magos, Pazolandia, Cine ao ar, representacións teatrais, títeres, conta contos, magos, programación do tradicional Magosto.. son algunhas das actividades desenvolvidas. Asemade, da xa coñecida e declarada de interese turístico galego Festa do Pemento.
O achegamento da informática e das redes de telecomunicacións aos veciños é outra das inquedanzas deste servizo municipal, para o que se puxo en funcionamento o programa de Internet Rural, con varios terminais con acceso a internet na Biblioteca do concello para o uso gratuito dos veciños, así como o sistema WIFI para o acceso á banda ancha nas vivendas do municipio.