Goberno e Urbanismo

Inicio / Servizos municipais / Goberno e Urbanismo / Xestión catastral de rústica e urbán

Xestión catastral de rústica e urbán

Todos os 24 de mes (salvo sábados e festivos, que pasa ao anterior ou posterior segundo coincida) unha persoa da empresa Servicat S.L.L., visita Arnoia para xestionar temas catastrais. A través deste servizo os veciños poderán xestionar dende o concello sen necesidade de desprazarse ata as oficinas do Catastro de Ourense, altas, baixas, variacións de bens de natureza urbana e rústica, así como calquera troco nos datos catastrais.

É desexable chamar antes ao teléfono 988222533 para concertar cita previa e axilizar o servizo.