Historia

Inicio / Turismo / Historia

Historia do Concello de Arnoia

Orixe da palabra “Arnoia”

Comenzaremos coa orixe da palabra “arnoia” da que hai diversidade de pareceres. Para Murguía na “História de Galiza”, súa orixe ven do sánscrito de arna (rio). Según Santiago y Gómez ten outra orixe e así di o Padre Samuel Eiján:

“le busca probable origen en el dialecto guipuzcoano y vizcaíno, que llaman ardo o ardao al vino, o en el bajo navarro que lo nombra arno. Según esto, debiera darse a la palabra arnoia o arnoya, el significado vino, que se toma en antiguo gallego”.

Feitos históricos na Arnoia

Como veremos neste resumo, a historia do noso concello segue os grandes fitos xerais da historia de Galicia.

A ocupación do noso territorio remóntase polo menos á época castrexa da cal se ten constancia. Tamén quedou constancia en Arnoia do paso dos romanos, a través de restos arquelóxicos. Xa na Idade Media,, e ao amparo dos mosteiros, existen varios escritos referentes ás terras de Arnoia. A Inquisición tamén estivo presente en Arnoia, así como os franceses, que se pasearon por estas terras e as partidas carlistas. Todo elo quedou ben documentado gracias a, entre outros, os escritos do Padre Samuel Eiján.

Podemos polo tanto, en base aos restos arqueolóxicos atopados, e os escritos existentes, distinguir na historia de Arnoia as seguintes épocas:

  • Arnoia castrexa
  • Arnoia romana
  • Arnoia na Idade Media
  • A Inquisición en Arnoia
  • Os franceses en Arnoia
  • Os Carlistas en Arnoia

Documentos de interese