Galego
Localízanos no mapa
988 48 69 00
San Roque
Festa en honor a San Roque
Lugar de celebración e actividades habituais
Celébrase a súa festividade o día 16 de Agosto na capela de San Roque e manténse o “San Roquiño” o día 17..
É esta a festa principal do “val de San Vicente” e durante estos dous días pola mañá percorren os pobos grupos de gaitas ou charangas e polas tardes varias orquestras animan a verbena cunha importante afluencia de veciños e visitantes que se achegan para disfrutar ao campo da festa, aos pés da torre do reloxo.
Anos atrás xuntanzas de amigos aproveitaban para celebrar unha merenda-cea no antiguo turreiro da festa e nas adegas de San Roque.
As actividades relixiosas consisten na celebración da novena os días anteriores ao 16 e misa solemne os días 16 e 17 na honra do San Roque.