O noso Concello, como ven sendo habitual, vai organizar unhas “minivacacións” para todos os veciños, que podan, disfruten duns días de lecer.
11 de XULLO de 2025: ARNOIA – TOLEDO
· Saída pola tarde de Arnoia para chegar a Toledo.
· Hotel no centro histórico.
· Cea e aloxamento no hotel.
12 de XULLO de 2025: TOLEDO – PUY DU FOU
· Almorzo no hotel.
· Breve visita guiada á cidade de Toledo.
· Sobre as 13:00h traslado a Puy du Fou, parque temático único, no que faremos unha viaxe a través dos séculos grandes espectáculos, poboados históricos, natureza e artesanía.
· 14:00h. Xantar no parque.
· 16:00h. Visita ó parque e asistencia ó espectáculo “Sueño de Toledo”.
· 21:00h. Cea no propio parque e regreso ao hotel.
13 de XULLO de 2025: TOLEDO – ÁVILA – ARNOIA
· Almorzo e saída do hotel dirección Ávila.
· En ruta faremos unha parada en Ávila para unha visita guiada.
· Xantar en Ávila e ó terminar continuamos a ruta de regreso á Arnoia.
· Chegada sobre as 21:00 horas.
O NOSO PREZO INCLÚE:
· Traslados en autocar.
· Estancia no hotel 4**** (Toledo) de 2 noites, 2 desayunos e 1 cea.
· Entradas a Puy du Fou con xantar en restaurante, espectáculo “Sueño de Toledo” e cea no parque.
· Visita guiada a Toledo.
· Visita guiada e xantar en Ávila.
· Seguro de viaxe.
· Guías e entradas ao parque.
HOTEL Alfonso VI 4 Estrellas ****
Cta. de los Capuchinos, 2, 45001 Toledo.
Situación: Con amplas e cómodas habitacións, o hotel Alfonso VI, céntrico coma poucos, é o aloxamento ideal para explorar as rúas de Toledo. Atopámonos en pleno centro histórico, a tan só uns pasos do Alcázar e a 5 minutos da catedral.
As habitacións están equipadas con todas as comodidades, e podes empezar o día lendo os xornais na sala de lectura mentres disfrutas do noso completísimo almorzo
Persoa en habitación dobre…………………….380€ (160€ reserva marzo+220€ xullo)
Menores de 18 anos……………………………………270€ (100€ reserva marzo+170€ xullo)
Suplemento habitación individual……………135€



