Viaxe Toledo – Puy du Fou – Ávila

Uncategorized
Vista panorámica de Toledo co Alcázar sobre o río Texo

Viaxe Toledo – Puy du Fou – Ávila

O noso Concello, como ven sendo habitual, vai organizar unhas “minivacacións” para todos os veciños, que podan, disfruten duns días de lecer.

11 de XULLO de 2025: ARNOIA – TOLEDO

· Saída pola tarde de Arnoia para chegar a Toledo.

· Hotel no centro histórico.

· Cea e aloxamento no hotel.

12 de XULLO de 2025: TOLEDO – PUY DU FOU

· Almorzo no hotel.

· Breve visita guiada á cidade de Toledo.

· Sobre as 13:00h traslado a Puy du Fou, parque temático único, no que faremos unha viaxe a través dos séculos grandes espectáculos, poboados históricos, natureza e artesanía.

· 14:00h. Xantar no parque.

· 16:00h. Visita ó parque e asistencia ó espectáculo “Sueño de Toledo”.

· 21:00h. Cea no propio parque e regreso ao hotel.

13 de XULLO de 2025: TOLEDO – ÁVILA – ARNOIA

· Almorzo e saída do hotel dirección Ávila.

· En ruta faremos unha parada en Ávila para unha visita guiada.

· Xantar en Ávila e ó terminar continuamos a ruta de regreso á Arnoia.

· Chegada sobre as 21:00 horas.

O NOSO PREZO INCLÚE:

· Traslados en autocar.

· Estancia no hotel 4**** (Toledo) de 2 noites, 2 desayunos e 1 cea.

· Entradas a Puy du Fou con xantar en restaurante, espectáculo “Sueño de Toledo” e cea no parque.

· Visita guiada a Toledo.

· Visita guiada e xantar en Ávila.

· Seguro de viaxe.

· Guías e entradas ao parque.

HOTEL Alfonso VI 4 Estrellas ****

Cta. de los Capuchinos, 2, 45001 Toledo.

Situación: Con amplas e cómodas habitacións, o hotel Alfonso VI, céntrico coma poucos, é o aloxamento ideal para explorar as rúas de Toledo. Atopámonos en pleno centro histórico, a tan só uns pasos do Alcázar e a 5 minutos da catedral.

As habitacións están equipadas con todas as comodidades, e podes empezar o día lendo os xornais na sala de lectura mentres disfrutas do noso completísimo almorzo

Persoa en habitación dobre…………………….380€ (160€ reserva marzo+220€ xullo)

Menores de 18 anos……………………………………270€ (100€ reserva marzo+170€ xullo)

Suplemento habitación individual……………135€

Fachada do Hotel Alfonso VI, en Toledo, aloxamento da viaxe organizada
Comedor abovedado do hotel de Toledo co bufé de almorzo
Folleto do parque temático Puy du Fou coas atraccións da viaxe do Concello
Folleto da viaxe a Toledo e Ávila organizada polo Concello de A Arnoia

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio