Bando Municipal para a investigación da propiedade dos terreos do Polígono Agroforestal de Remuíño.
Como é coñecido polos veciños do municipio, estase a tramitar o Polígono Agroforestal en Remuíño, iniciándose os traballos de investigación da propiedade dos terreos. Co fin de reunir os datos necesarios para identificar aos titulares das parcelas afectadas, persoal técnico da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural desprazarase ao municipio novamente para atender as persoas titulares […]