Termalismo

Construído en 1995, está situado en pleno corazón do Ribeiro, a catro kilómetros da Vila Histórica de Ribadavia, e próximo ás principais cidades galegas. Xunto aos ríos Miño e Arnoia, entre montes e bosques, rodeado de xardíns, é o lugar idóneo para desfrutar da Saúde, Natureza e Descanso. Un lugar privilexiado para desfrutar en toda a súa plenitude.

Nunha paisaxe de ensono, cun microclima excepcional, o ambiente apacible dos balnearios, con instalacións de vangarda, un excelente equipo de profesionais, o desexo de aunar a Saúde co Ocio e a Natureza, con embarcadoiro para disfrutar das viaxes en catamarán polo Miño, modernas instalacións hoteleiras, excelentemente comunicada coa autovía Vigo-Ourense, a Vila termal de Arnoia é sen dúbida un dos lugares máis atractivos de Galicia para coñecer e desfrutar.

Termalismo na Arnoia no Caldaria

Hotel

Un elegante edificio enclavado nas ribeiras do Miño en perfecta harmonía coa natureza e equipado con todo o necesario para facer da súa estancia algo inesquecible.

Dispón de 50 confortables habitacións equipadas con baño, teléfono, calefacción, aire acondicionado, caixa forte e televisión por satélite. A metade delas conta cunha terraza dende a que se poden contemplar unhas magníficas vistas da comarca. O Hotel tamén conta con habitacións adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Restaurante á Carta, no que a cociña internacional fará as delicias do padal máis esixente.

Café-Bar, o mellor lugar para disfrutar dun agradable tempo de ocio.

Salón para banquetes con capacidade para 250 persoas.

Servizo de perruquería.

Parque infantil, amplos xardíns, pistas polideportivas.

O Balneario

A mellor opción para disfrutar da Balneoterapia. A calidade das súas augas termais, a incomparable paraxe natural na que se atopan e as modernas técnicas que se aplican nesta estación termal contribuen ao seu benestar.

As súas augas hipotermais, de mineralización débil, sulfuradas-bicarbonatadas, fluoradas, PH cerca da neutralidade, emanan a unha temperatura de 22ºC.O tratamento estrela: O Termariun, con baños de esencias, pediluvios, e unha sauna de calor seco con cromoterapia e aromaterapia.

Tratamentos

O cansanzo e agotamento do corpo son facilmente recuperables. Os tratamentos que aplicamos nesta estación termal axudaranlle a atopar a vitalidade e enerxía necesaria para afrontar a actividade diaria..

Balneación, con baños de hidromasaxe, de burbullas e baño niágara, ideal para os que buscan unha total relaxación.
Aplicacións a presión: Chorro, ducha circular, ducha filiforme. A mellor forma de estimular o nóso organismo.
Masaxes e masaxes baixo ducha para liberarse das tensións.
Tratamentos de estética facial e corporal que ofrecen un excelente resultado.
Termarium, piscina exterior de auga quente, piscinas interiores climatizadas, tratamentos antiestrés.

Convencións e celebracións

O Hotel Balneario dispón dunhas instalacións idóneas para a celebración de calquera tipo de evento.

Dispón de 3 salóns de convencións (“Terralonga” “Nairoa” e “Ribeiro”), que se adaptan completamente ás esixencias requeridas para cada ocasión.

Salóns para banquetes con capacidade para 250 persoas, decorados coa elegancia que require este tipo de celebracións.

Salón social, chamado “Salón Miño”, fóra do edificio principal, o que permite organizar festas ata altas horas da madrugada, sen prexuízo dos clientes que están nas habitacións.

Actividades

Outras actividades ou servizos que oferta o Balneario Hotel Arnoia Caldaria son:
  • Visita aos mosteiros do Ribeiro, á monumental vila de Ribadavia… lugares de gran interese paisaxístico.
  • Pistas polideportivas nas que practicar todo tipo de deportes.
  • Aluguer de bicicletas de montaña.
  • Tamén o poden poñelo en contacto con empresas que organizan actividades de sendeirismo, paseo a cabalo, e infórmanlle ademais, do patrimonio arquitectónico da zona.
Scroll ao inicio