Actividades turísticas
- Inicio
- Actividades turísticas
Sendeirismo e Camiño Miñoto Ribeiro
O sendeirismo, cunhas rutas cuxo grado de dificultade baixo ou medio por paraxes ben sinalizadas, é unha atractiva actividade complementaria de outras que poidan realizarse, como rutas de bicicleta de montaña, equitación e paseos a cabalo ou paseos en barca, por exemplo.
![Camiño Miñoto Ribeiro](https://arnoia.es/wp-content/uploads/2024/01/camino-minoto.jpg)
Ademais, polo Concello de A Arnoia pasa O Camiño Miñoto Ribeiro, que se está a recuperar como Ruta do interior dende Portugal ata Santiago de Compostela
Rutas Cicloturísticas
![](https://arnoia.es/wp-content/uploads/2024/01/rutas-cicloturisticas-arnoia.png)
Explora un escenario ideal para a práctica do ciclismo de estrada. Rutas que che permitirán descubrir a diversidade paisaxística da vila termal de Arnoia.
Turismo do Viño
![](https://arnoia.es/wp-content/uploads/2024/01/turismo-do-vino-concello-de-arnoia.png)
A Arnoia dos viños, unha experiencia enoturística. En cada recuncho, unha adega. Así queda reflectido na terra fértil, nos seus viñedos espallados polos dous vales, o de San Mauro e o de San Vicente; unha cultura que sedimenta o coñecemento do proceso do viño a través das xeracións familiares, un grande número de caldos con recoñecementos internacionais, un froito eloxiado e que se está a recuperar nas novas xeracións
Turismo Rural
![](https://arnoia.es/wp-content/uploads/2024/01/turismo-rural-concello-de-a-arnoia.png)