A fin de semana do 2, 3 e 4 de agosto, Arnoia desfrutou dunha das edicións máis memorables da súa tradicional Festa do Pemento. Na XLV Festa do Pemento, evento declarado Festa de Interese Turístico Galego, trouxo consigo una serie de actividades que encheron A Arnoia de vida, música e, por suposto, dos nosos deliciosos pementos. Foi un evento cheo de tradición, alegría e comunidade que deixará unha marca imborrable en todos os asistentes.
Vernes, 2 de agosto
A festa deu comezo coa recepción das autoridades e a inauguración oficial, acompañada de polo grupo Airiños de Arnoia, creando un ambiente acolledor e festivo. A conselleira do Medio Rural, entre otras autoridades, foi a encargada de cortar a cinta de este ano e dar o pistoletazo de saída, nunha noite que contou co pregón de Bruxo Queiman, engaiolando aos presentes cun discurso cheo de emoción e historia. A noite continuou con música, primeiro co espectáculo de Queiman Folk e, xa pasada a medianoite, coa verbena a cargo da Orquestra Espectáculo Panorama, que fixo bailar a todos ata ben entrada a noite.
Sábado, 3 de agosto
O sábado comezou ben cedo coa V Concentración “A Arnoia” de Vehículos Clásicos do Pemento, que engadiu un toque de elegancia e nostalxia ao evento. Volveron acender os fogóns para a fritura dos pementos, mentres a Charanga Sorcha enchía o aire de música e alegría.
Os vehículos clásicos chegaron ao recinto da festa, sendo recibidos con entusiasmo polos asistentes. Pola tarde, os máis pequenos gozaron dunha gran festa infantil no Inquiau con xogos, escuma e olimpiadas, garantindo un día inesquecible para eles.
A festa seguiu coa fritura de pementos, acompañada de novo pola animación musical da Charanga Sorcha. Tivo lugar o VIII Festival de Pandereteiras “Arnoia Viva”, onde grupos como As Lagharteiras de Mos, Medialeva, Tremelique e Airiños de Arnoia Cantareiras encheron unha noite de música tradicional galega.
A xornada rematou cunha vibrante verbena a cargo da Orquestra Ritmo Joven e Disco Móvil MVP, que puxeron o broche de ouro a un sábado perfecto.
Domingo, 4 de agosto
O domingo comezou coa fritura dos pementos, seguida dunha misa e ofrenda dos froitos da nosa terra no campo da festa, coa coral Cantores de Arnoia. A mañá pechouse coa animación na carballeira pola Charanga CLK.
A tarde trouxo máis fritura de pementos, mentres a Charanga CLK continuaba a animar o recinto. A noite foi testemuña de dúas grandes actuacións co grupo Remember Dr. Slump e o grupo Gin Tonics, que puxeron o punto final a tres días de celebración intensa.
Un éxito rotundo
O campo da Queixeira acolleu a una gran cantidade de xente, que esperaba paciente para desfrutar do pemento en todas as súas versións e acompañadas polo marabilloso viño do Ribeiro. Esta cita gastronómica busca promocionar este produto, amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida, no mercado y exaltar a súa calidade.
A Festa do Pemento 2024 foi, sin duda, un éxito rotundo. Os veciños de Arnoia e os visitantes que se achegaron gozaron de cada momento, dende as actividades culturais e musicais ata a deliciosa gastronomía local. Xa estamos agardar con ilusión a próxima edición para seguir celebrando a nosa querida Festa do Pemento. Viva Arnoia e viva o pemento!