O Concello de Arnoia e a Deputación de Ourense impulsan o acordo que logra o compromiso da Fundación San Rosendo de ampliar a apertura do balneario, co apoio da Xunta.
A base deste acordo é unha nova e innovadora modalidade de termalismo social 2025-2027 (que a Deputación de Ourense dará a coñecer en setembro) para promocionar e apoiar a Arnoia, así como ao resto de balnearios da provincia.
“O Balneario non só mantén a súa actividade, senón que amplía os seus servizos, consolidando a súa oferta”, explica o presidente Luis Menor, concluíndo que “hoxe é un día moi importante para Arnoia, para Ourense e para o Termalismo”.
O Hotel-Balneario de Arnoia non se pecha e en 2025 ampliará a súa apertura de febreiro a novembro e en 2026, de xaneiro a decembro. Complementarase con instalacións anexas que abrirán como Unidade Termal Residencial e de Coidados Intermedios, como mínimo un terzo delas mesmas para estancias temporais.
A Deputación de Ourense implementará un plan de mobilidade termal piloto para a Vila de Arnoia, e a A Abadía de Arnoia, edificio rehabilitado do século XVII, incorporarase como iniciativa experimental ao termalismo social provincial.
Queda marcado o Obxectivo Arnoia 2026: ofertar máis de 30.000 prazas hostaleiras termais e lograr unha ocupación media anual por encima do 60%. A FEMP utilizará ao novo modelo de Arnoia como Villa Termal de referencia en España e piloto nun Plan Next Generation.
Ademáis, está en proceso de certificación do selo “Galicia Calidade” para ser o primeiro balneario con este distintivo.