Remata A Arnoia Concilia 2024
Un ano máis os cativos do Concello gozaron do servizo A Arnoia Concilia.Ao longo do verán, desfrutaron e aprenderon con actividades como: Moitísimas grazas a Ociosaugal e vémonos nas vindeiras vacacións!
Un ano máis os cativos do Concello gozaron do servizo A Arnoia Concilia.Ao longo do verán, desfrutaron e aprenderon con actividades como: Moitísimas grazas a Ociosaugal e vémonos nas vindeiras vacacións!
Seguindo a recomendación dos corpos de seguridade do Estado e por mor do adianto da vendima en A Arnoia, acórdase aprazar o evento de Airsoft posto que pode verse comprometida a seguridade de veciños e participantes. En breve comunicaranse as novas datas.
Lembrámosche que non está permitido deixar enseres, trastos ou calquera tipo de obxecto voluminoso nas rúas, prazas ou calquera outro espazo público do noso concello. A partir de agora, realizarase un seguimento para identificar a orixe destes obxectos abandoados e imporanse as sancións correspondentes. O procedemento é chamar ao Concello, e deixar aviso no 988486900
O Concello de Arnoia prepárase para acoller un evento único en España: TRAKÖFF, un formato innovador de simulación de guerra realista que combina a emoción do airsoft co traballo con profesionais das forzas de seguridade do Estado. Durante os días 6, 7 e 8 de setembro, o noso concello converterase no campo de batalla perfecto
A fin de semana do 2, 3 e 4 de agosto, Arnoia desfrutou dunha das edicións máis memorables da súa tradicional Festa do Pemento. Na XLV Festa do Pemento, evento declarado Festa de Interese Turístico Galego, trouxo consigo una serie de actividades que encheron A Arnoia de vida, música e, por suposto, dos nosos deliciosos
A Festa do Pemento 2024: Unha celebración inesquecible en Arnoia Ler máis »
Continúa o Campamento A Arnoia Concilia 2024! E non temos máis que ollar as caras das rapazas e rapaces para ver que o están a desfrutar moitísimo! Diversión e aprendizaxe a partes iguais para un verán que de seguro será inesquecible.
Os rapaces seguen a desfrutar de A Arnoia Concilia Ler máis »
O Concello de Arnoia e a Deputación de Ourense impulsan o acordo que logra o compromiso da Fundación San Rosendo de ampliar a apertura do balneario, co apoio da Xunta. A base deste acordo é unha nova e innovadora modalidade de termalismo social 2025-2027 (que a Deputación de Ourense dará a coñecer en setembro) para
Chega a fin de semana máis agardada do ano! Os vindeiros 2, 3 e 4 de agosto viviremos a XLV Festa do Pemento! Toma nota de todas as actuacións e actividades que desfrutaremos: VENRES DÍA 2 DE AGOSTO SÁBADO DÍA 3 DE AGOSTO DOMINGO DÍA 4 DE AGOSTO
Un ano máis puidemos desfrutar de Espírito Ribeiro, un festival que celebrou esta fin de semana a súa cuarta edición combinando música, gastronomía e viticultura aderezada con obradoiros e expositores de produtos locais. Agardamos impacentes a vindeira edición‼
O alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, e a conselleira de Medio Rural, María José Gómez Rodríguez, mantiveron unha reunión para tratar, entre outras cuestións: O proxecto senlleiro para ampliación da almazara da asociación OlivArnoia.A axilización do proceso da posta en marcha do Polígono Agroforestal.A erradicación de acacias no monte de Utlidade Pública propiedade do Concello
Reunión do Alcalde de A Arnoia coa Conselleira de Medio Rural Ler máis »