Continuando coa labor de axuda aos vecinos de A Arnoia nestes tempos de crise e dificultade económica, o Concello de Arnoia ven de aprobar a concesión de axudas económicas por importe de 50 € para cada alumno matriculado no CEIP San Salvador de A Arnoia, para a compra de libros e material escolar para o curso 2022/2023.
Para elo, ábrese un prazo dende o vindeiro día 12 de setembro ata o 30 de setembro de 2022 para que as persoas interesadas e que cumpran cos requisitos establecidos poidan solicitar a citada axuda económica.
O impreso de solicitude, que está disponible nas oficinas municipais e páxina web do Concello, deberá ser entregada no prazo sinalado no concello coa documentación que se establece no impreso.
Unha vez concedida a axuda, o beneficiario deberá entregar nas oficinas municipais a factura xustificativa do gasto o seu nome, especificando o material adquirido, a efectos de proceder ao pago da axuda.