BANDO

Sin categorizar

BANDO

BANDO: Proba de son da sirena da Presa de Castrelo de Miño

Dentro do Plan de Emerxencia da Presa de Castrelo de Miño, o próximo 17 de xuño (martes), realizarase proba de son da sirena instalada para alertar á poboación ante posibles incidencias no normal funcionamento da presa.

A sinal será audible nas proximidades da Presa, en horario de mañá, e en concreto nos pobos de A Barca, Reza, Vila Termal, Os Chaos, Paixón, Outeiro Cruz, A Ponte e A Queixeira.

Ao escoitala, a poboación poderá continuar normalmente coas súas actividades, xa que trátase unicamente dunha proba de funcionamento.

O que se fai público, para xeral coñecemento, en Arnoia, a trece de xuño de dous mil vinte e cinco.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio