D. RODRIGO APARICIO SANTAMARÍA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARNOIA (OURENSE);
O presente comunicado é de especial interese para aqueles veciños do municipio que dispoñan de VEHICULOS AGRICOLAS, considerándose como tales os seguintes:
- TRACTORES AGRICOLAS
- MOTOCULTORES.
- MAQUINARIA EQUIPARADA: Motogüadaña, motosegadoras e similares.
Pois ben, o día 26 de SETEMBRO de 2024, en horario de 9:00 a 13,30 h. e de 15:15 a 18:00 h., desprazarase ao municipio unha unidade móbil para realizar a INSPECCION TECNICA DOS VEHICULOS AGRICOLAS citados, que se situará nas proximidades do PAVILLÓN. Poderase solicitar CITA PREVIA no teléfono 902.90.50.54, ou na páxina web: www.sycitv.com
Con obxecto de evitar pérdidas de tempo e subsanar os posibles defectos, resúmense os requisitos que deben reunir os veículos no momento da inspección:
DOCUMENTACION: Tarxeta ITV, permiso de circulación e cartilla de inspección agrícola. En defecto dos documentos anteriores, deberá aportarse calquera outro que xustifique as características técnicas dos veículos, así como a súa propiedade.
CATADRIOPTICOS E REFLECTANTES:
Tractores: Non triangulares e de cor vermella na parte posterior.
Remolques: Non triangulares e de cor branca na parte anterior e triangulares e de cor vermella na parte posterior.
Correcto funcionamento sistema alumeado e sinalización.
Proxectores e tulipas en perfecto estado.
Número de bastidor e motor limpos.
Correcto funcionamento da instalación eléctrica.
Correcto estado da dirección.
Estado de frenos de servicio e estacionamento.
Estado do piso dos remolques.
A luz xiratoria de cor amarela é obrigatoria na maquinaria agrícola autopropulsada, excepto motocultores e similares.
Recordar que a inspección dos veículos agrícolas é obrigatoria, polo que é unha boa oportunidade para non ter que desprazarse lonxe a realizala.
O que se publica, para xeral coñecemento, en Arnoia a 31 de xullo de dous mil vinte e catro.