Bando: Nematodo do Piñeiro

Sin categorizar

Bando: Nematodo do Piñeiro

Infórmase á veciñanza de que, por mor da ampliación da zona demarcada polo nematodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus), deben aplicarse as seguintes medidas obrigatorias nas zonas afectadas:

🌲 Obrigas dos propietarios de parcelas:

  • Identificar e cortar todos os piñeiros mortos, sintomáticos, decaídos ou afectados por incendios ou tormentas.
  • Eliminar os restos de corta mediante triturado a menos de 3 cm ou incineración con permiso previo.
  • A madeira destinada a serra ou procesado só poderá ser enviada a industrias autorizadas.

🚫 Prohibido o traslado de rolla:

Non se pode trasladar rolla dende a zona infestada á zona tampón, nin dende a zona tampón ao exterior.

✅ Permitido en condicións específicas:

O traslado de subprodutos (astela, serrín, cortiza…) só está permitido se vai a empresas autorizadas para a súa destrución.

📋 Obrigatoria a comunicación ou autorización de movementos de madeira:

Todos os movementos deben ser comunicados ou autorizados polo Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense.

📄 Modelos dispoñibles en:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/sanidade-vexetal/organismos-nocivos-de-corentena

📞 Teléfonos de contacto:

988 386 687 | 988 386 571 | 988 386 540

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio