Bando: OU-Intelixente: a provincia da auga

Sin categorizar

Bando: OU-Intelixente: a provincia da auga

O Concello de Arnoia adheriuse ao proxecto ao proxecto de dixitalización da xestión municipal do ciclo da auga “OU-Intelixente: a provincia da auga”, un proxecto promovido pola deputación de Ourense e cofinanaciado con Fondos Next Generation asociados ao PERTE de dixitalización da auga.

Unha das actuacións prioritarias que contempla o anedito proxecto é a de implantación de contadores intelixentes domiciliarios para concellos de menos de 20.000 habitantes.

A citada actuación de subtitución dos contadores existentes comezará proximamente en Arnoia e terá carácter gratuito.

É por iso que se roga aos veciños que faciliten, na medida das súas posibilidades, a actuación dos técnicos que acudan ao concello

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio