Bando: Prevención cancro

Sin categorizar

Bando: Prevención cancro

DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA EN ARNOIA

A Consellería de Sanidade, en colaboración co Concello de Arnoia, pon en marcha un programa de detección precoz do cancro de mama, cun servizo gratuíto de transporte ata a Unidade de Exploración Mamográfica de Ourense.

As mulleres destinatarias recibirán un SMS co día (4 ou 7 de xullo) e hora da súa cita.

Poden modificar a cita chamando ao 981 141 414 ou a través da app SERGAS Móbil.

Haberá autobuses gratuítos desde os seguintes puntos:

Remuiño: 8:00 / 11:45

Oliveira: 8:05 / 11:50

Outeiro Cruz: 8:10 / 11:55

Laixa: 8:15 / 12:00

Vila Termal: 8:20 / 12:05

Reza: 8:25 / 12:10

Este servizo non é obrigatorio, tamén se pode ir por conta propia.

A prevención é clave para unha boa saúde pública. Participar neste programa pode marcar a diferenza!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio