Reencontros

Reencontros

A finais do ano 1991 comenzou a organización dunha viaxe dos veciños deste pobo emigrados a Arxentina e Uruguay que tiñan as súas raíces en Arnoia e que, en moitos casos, nunca poideran voltar a súa terra. Tivo a sua realización no verán de 1992.

Facilitóuse a viaxe a todos os que tiñan 60 ou mais anos de idade e levaban, alomenos, 10 anos sen voltar.

Os que non cumprian estes requisitos tamén se lles ofertou a posibilidade de viaxar cunha rebaixa importante no precio do billete e a participación en todas as actividades que se organizaron unha vez aquí.

Recibíronse 322 solicitudes de paisanos que querían visitar o seu pobo, e, nesta ocasión, viñeron 174. Os demais foron fallando por diversos motivos.

Na cofinanciación da viaxe e das actividades organizadas unha vez chegados a súa terra participaron:

  • Concello de Arnoia.
  • Xunta de Galicia.
  • Deputación de Ourense .
  • Caixa Ourense.

Con esta iniciativa o Concello de Arnoia quixo recoñecerlles o importante labor que fixeron pola súa terra.

No ano 1995, 64 veciños de Arnoia (entre eles o grupo de gaitas “Airiños de Arnoia”) devolveron a visita nunha viaxe inesquencible para todos os que puideron disfrutar dunha semana en Bos Aires, cataratas do Iguazú, e Lujan en Arxentina e varias cidades de Uruguai.

Scroll ao inicio