Centro Montevideo
- Inicio
- Montevideo
Centro Montevideo
“Viva Arnoia, nosa terra terra linda e sen rival sombreada de parriñas dende Reza hasta O Rial…”
Esta fermosa canción, convertiuse nun himno para os emigrantes de Arnoia. O seu autor, Don Avelino Reibelo, coadxunto de la Igrexa de San Antonio de Remuiño, non puido imaxinar que esta creación súa atravesaría con emoción o Océano Atlántico.
A corrente migratoria maioritaria nos primeros sesenta anos do século XX foi cara ao Cono Sur: Arxentina e Uruguai, onde se rexistran os maiores asentamentos de arnoienses.
Despois do ano 1950, o fluxo da nosa emigración foi cara a Venezuela, México e, en menor medida, a Brasil. Como consta nos rexistros do Concello de Arnoia.
A saída a ultramar para “facer as Américas” disminúe entre 1960 e 1980, mentres que aumentan as saídas a Europa.
De América, Venezuela, neste período, ocupa o segundo lugar de chegada de xente de Arnoia.
A maior parte das viaxes facían a ruta: Vigo – Montevideo – Bos Aires. Sempre tocaba Río de Janeiro como primeira escala. Quedaban impresionados pola maxestuosidade do Cerro Corcovado ca impoñente figura do Cristo Redentor, pero non menos perturbados polos homes negros que se atopaban ao desembarcar no porto. Este feito non sorprendería a ningún mozo o neno da Arnoia actual, onde están máis familiarizados cos negros inmigrantes africanos. Naquela época non era frecuente ver xente de outra raza entre nós.
Luego de estar unhas horas en Río de Janeiro, continuaban a viaxe a Uruguai. Alí eran recibidos polo Cerro de Montevideo e unha multitude de xentes que axitaban os seus panos coa intención de seren recoñecidos. Era a benvida dos que chegaron antes. O requisito fundamental era ser reclamados por alguén.
O que os reclamaba, facíao cun “contrato de traballo” xeralmente ofrecido por outro galego de Arnoia ou da Provincia de Ourense.
Moitos Arnoienses conseguiron o seu primeiro traballo no mesmo Porto de Montevideo.
Recordemos que Uruguai, nome que nos deixaron os indios guaraníes, significa “país dos paxaros pintados”. Sin lugar a dúbidas que a beleza desta terra, bordeada de praias de area branca e de planicies verdes, cunha excelente gandeiría vacuna e lanar, era a “Suiza de América”.
O arnoiense que chegaba a Uruguai era presentado como un máis da familia, que traía “noticias frescas” da nosa querida Arnoia.
Os arnoienses atoparon, e moitos deles, habituáronse ao ritual de disfrutar da infusión de yerba mate, sós ou en grupo. En Uruguai, tomar mate é unha actividade socialcolectiva. O mate vai de man en man e, dende hai séculos, denota hospitalidade. Os galegos e os “tanos” botábanlle azucre porque o notaban moi amargo.
Os arnoienses reuníanse primeiro en bares cercanos aos traballos para xogar “a partida“, máis tarde empezan a sentir a necesidade de participar coas súas familias en festas como “San Roque“, “San Antonio“, “Santa Rita“…
Viven as festas do Centro Arnoia, reuníndose e participando de romerías no Campo Español. Son xornadas completas ao aire libre. Empezan a integrarse e aprenden a facer boas parrilladas.
Como en Uruguai, en Argentina, a mediados do século pasado vivíanse épocas de bonanza, as festas eran espectaculares.. Solían estar amenizadas por gaiteiros, grupos de baile, orquestas…