Chega o momento de aplicar os tratamentos contra a Flavescencia dourada da vide.

Sin categorizar

Chega o momento de aplicar os tratamentos contra a Flavescencia dourada da vide.

A Consellería do Medio Rural emitiu no día de hoxe o aviso fitosanitario que informa sobre a chegada do momento oportuno para aplicar tratamentos insecticidas contra o Scaphoideus titanus, vector da enfermidade da Flavescencia dourada da vide.

É obrigatorio que todas as persoas viticultoras apliquen os tratamentos insecticidas autorizados.

  • O primeiro tratamento aplicarase dende o 17 ao 24 de xuño.
  • O segundo, pasados 15 días.
  • O terceiro, pasado un mes da aplicación do segundo.

Os tratamentos realizaranse en función da climatoloxía existente e respectando as indicacións de uso.

Recomendacións dos tratamentos:

Aplicación dos insecticidas na primeira hora do día, excepto no caso de empregar piretrinas, que se realizará na última hora do día debido a perda de eficacia ó ser un produto fotosensible.

Aplicar uniformemente, mollando ben a parte posterior das follas e a parte baixa das cepas, lugar onde se aloxan as ninfas.

Lémbrase a obriga de anotar os tratamentos aplicados nos cadernos de explotación, que poderán ser requiridos para a súa comprobación.

Máis información: https://mediorural.xunta.gal/es/temas/agricultura/sanidad-vegetal/organismos-nocivos-de-cuarentena

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio