Novas

Inicio / Novas / ELABORACIÓN PLAN PARCIAL PARA USO INDUSTRIAL P. E. ARNOIA

ELABORACIÓN PLAN PARCIAL PARA USO INDUSTRIAL P. E. ARNOIA

Aprobada a modificación puntual nº. 1 do PXOM de Arnoia, procedeuse a
formular e redactar o Plan Parcial de Ordenación do Sector industrial do
municipio recollido no mesmo.

A contratación e redacción do citado Plan Parcial contou coa financiación do
Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico da Deputación Provincial de
Ourense (INORDE), cuia Comisión Executiva, en sesión do 22 de xuño de 2022,
acordou concederlle ao Concello de Arnoia unha axuda por importe de
48.000,00 €.