Excursión a Portugal Norte

Novas

Excursión a Portugal Norte

Un ano máis, o noso Concello, volve organizar unhas “minivacacións”, para que todos os veciños que poidan, desfruten duns días de lecer despois das vendimas. 

26 /OUTUBRO/2024  – ARNOIA-QUINTA DA BREJOEIRA-VILA NOVA DE CERVEIRA-VIANA DO CASTELO   

  • Saída ás 08:30 h. de Arnoia para chegar á Quinta Da Brejoeira .
  •  09:30 h Portugal- Visita guiada+ Cata de Viño  ao Palacio da Brejoeira 
  • 10:30 h. Continuamos viaxe cara a Vila Nova de Cerveira. Localidade que acolle os sábados unha das feiras máis grandes do norte de Portugal
  • Almorzo en restaurante -14:00 h Portugal.
  • Pola tarde desprazámonos a Viana Do Castelo.
  • Cea (21:00 h) e aloxamento no hotel .

27/OUTUBRO/2024- VIANA DO CASTELO- BARCELOS -BRAGA -PONTE  DE LIMA- A CAÑIZA -ARNOIA.

Almorzo e saída do hotel (09:00 h. Portugal).  

  • Visita  a Viana do Castelo. Primeira parada, Colina de Santa Luzia e Santuario de Santa Luzia. Xa no centro histórico destacamos a Praza da República , o antigo edificio do hospital e a Igrexa Matriz.
  • Continuamos cara a Barcelos, antiga ciudade medieval
  • Seguimos viaxe a Braga que conta cun impresionante casco antigo.
  • Visita ao Santuario Bom Jesus, Declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.  
  • Almorzo en restaurante -13:30 h Portugal.
  • Continuamos viaxe cara a  Ponte de Lima, Coñecida por ser a cidade máis antiga de Portugal
  • De regreso a Arnoia faremos unha parada na Cañiza

PREZOS

  • Persoa en habitación dobre: 195€
  • Menores de 15 anos: 150€
  • Suplemento habitación individual: 60€

O PREZO INCLÚE:

  • Autocar Ida e volta + visitas según programa.
  • Réxime de comidas : 1 MP no hotel + 2 almorzos en ruta
  • Categoría hotel contratado **** Estrelas
  • Distribución en habitacións : Dobres ( 2 personas)
  • Bebidas incluidas – Auga + viño en todas as comidas
  • Entradas con visita guiada e Cata ao Palacio da Brejoeira   
  • Seguro de viaxe.

 Hotel Axis Viana Bussines & Spa 4 Estrellas **** 

  • Avd. Capitão Gaspar de Castro, Viana do Castelo ( Norte De Portugal )
  • Situacion: Situado a 500m do centro histórico de Viana do Castelo.
  • Habitacións: Habitacións con baño, TV plana interactiva.
  • Servizos: Restaurante, bar, salón social, piscina exterior, Wi-fi, salas de reunión, piscinas interiores, sauna, baño turco, ximnasio, modernos programas de relaxación, masaxes e tratamentos. As taxas son de pago directo polo cliente  final no hotel.

 

 

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio