Excursión a Salamanca – Candelario – Béjar

Novas

Excursión a Salamanca – Candelario – Béjar

Excursión a Salamanca – Candelario – Béjar

Un ano máis, o noso Concello, volve organizar unhas “minivacacións”, para que todos os veciños que poidan, desfruten duns días de lecer despois das vendimas. Este ano, contamos coa inestimable colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Arnoia.

21 DE OUTUBRO: ARNOIA SALAMANCA

Saída ás 6:30h de Arnoia, realizando as paradas reglamentarias obrigatorias ate a chegada a Salamanca ás 11:30h aproximadamente.

Visita guiada en Salamanca: 12:00h a 14:00h

  • Ruta monumental con entradas incluidas ás Catedrais (Vella e Nova) e á Universidade.

Comida e aloxamento no hotel.

 Pola tarde continuamos coas visitas guiadas:

  • “Ruta de Leyendas”
  • Tempo libre, cea e aloxamento no hotel.

22 DE OUTUBRO: CANDELARIO – BÉJAR – ARNOIA

Almorzo e saída do hotel. 9:00h

Desprazámonos ata Candelario e Béjar.

Visitas guiadas:

  • Candelario. Un dos “Pueblos más Bonitos de España” que foi declarado Conxunto Histórico Artístico pola súa arquitectura tradicional, contorna natural e coidado de costumes e tradicións.
  • Béjar. Destacamos a visita á praza de touros e o “Santuario de la Virgen de Castañar” e o Museo Textil (entrada incluída)

Comida no restaurante

Regreso a Arnoia (15:30h) realizando as paradas reglamentarias para chegar sobre ás 21:30h

FIN DO NOSOS SERVIZOS

PREZOS

  • Persoa en habitación dobre: 180€
  • Menores de 15 anos: 120€
  • Suplemento habitación individual: 40€

O PREZO INCLÚE:

  • Autocar ida e volta + traslados e excursións segundo o programa.
  • Réxime de comidas : 1 PC + 1 Comida
  • Categoría hotel contratado **** Estrelas
  • Habitacións reservadas 20 dobles +5 individuais
  • Bebidas incluídas: Auga + viño en todas as comidas
  • Guía en Salamanca + entradas monumentos
  • Guía en Candelario e Béjar + Museo textil con entradas
  • Seguro de viaxe.

GRAN HOTEL CORONA SOL****

Este moderno hotel ofrece habitacións amplas con conexión Wi-Fi gratuíta e TV por cable de pantalla plana.

Está situado xunto ao hospital da Santísima Trinidade e a 10 minutos a pé da Praza Maior de Salamanca.

As habitacións do Gran Hotel Corona Sol son moi luminosas e presentan unha decoración sinxela e elegante.

Dispoñen de aire acondicionado, calefacción, caixa forte e baño privado con artigos de aseo e secador de pelo.

Nas rúas próximas hai unha grande variedade de restaurantes e bares de tapas.

O Gran Sol Corona sitúase a menos de 5 minutos a pé da principal zona comercial de Salamanca, a 700 metros da Universidade e a 900 metros dos bares da rúa Van Dyck.

 

Excursión a Salamanca - Candelario - Béjar

 

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio