O gran éxito da nosa Festa do Pemento de Arnoia
Os días 5, 6 e 7 de agosto vivimos a edición XLIII dá Festa do Pemento de Arnoia, non podiamos esperar máis para gozar de novo da nosa festa e esta vez en total liberdade.
Tivemos a sorte de contar co gran Carlos Blanco que foi o encargado de dar o pregón.
Notábase que había moitas ganas de vivir un encontro incrible rodeados de diferentes elaboracións co noso pemento: degustamos tortilla rechea de pemento, croquetas, pementos recheos, pementos fritos con pan e ata xeado de pemento de Arnoia.
As tixolas non pararon de fritir o noso produto superando as previsións despois destes anos de parón: máis de 3 mil kg de pementos.
Ao redor de 10.000 persoas asistiron durante estes días para gozar desta gran cita gastronómica.
A música foi outra das protagonistas
Non só gozamos da comida, a música foi outra das protagonistas:
Puidemos bailar co Combo Dominicano, Orquestra Cinema, Bafana Bafana e Broken Peach.
Tamén gozamos da música tradicional galega co Festival de Pandereteiras, Leilia, Ergutío e Airiños de Arnoia.
Tivemos pasarrúas que xa nos animaban desde o principio do día, os encargados de toda a diversión foron: A Charanga Europa, Charanga CLK e Sorcha.
Distintas actividades
O sábado foi o momento dos amantes do motor, coa terceira concentración de vehículos clásicos.
O domingo tivemos unha cita deportiva, a carreira popular das 8000 varas sendo esta a súa sexta edición, foi todo un éxito e repartíronse moitos premios.
Para toda a familia e sobre todo os máis pequenos puideron gozar da festa da espuma no Inquiau. Pasárono en grande!
GRAZAS A TODOS E TODAS
Moitísimas grazas a todos e todas por acudir á festa máis esperada e sobre todo por facer dela todo un éxito.
Esperámosvos o ano que vén con máis ganas se é posible. Preparados/as?
A seguir amando os nosos pementos de Arnoia e que non perdamos o costume de reunirnos nestes días tan especiais.
Proximamente…
Festa do Pemento de Arnoia 2023 ➡️
Perdícheste o programa da festa do pemento de arnoia 2022 na Televisión de Galicia? Deixámoste aquí a ligazón: