Goberno e Urbanismo
- Inicio
- Goberno e Urbanismo
Oficinas Xerais do Concello
Rexistro Civil e Xulgado de Paz
O rexistro civil e o Xulgado de paz de Arnoia, ten as súas oficinas na Casa do Concello, en Outeiro Cruz.
Servizos
. Inscrición de nacementos, matrimonios e defuncións.
. Expedición de Fe de vida e estado.
. Expedición de extratos de nacemento, matrimonio e defunción.
. Libros de familia.
. Matrimonios civís.
. Citacións, notificacións e requerimentos, etc.
. Conciliacións
- Teléfono: 988 48 69 00
- Correo electrónico: xulgadodepaz@arnoia.es
- Horario: De luns a venres de 09:00h a 14:30h
Urbanismo
O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Arnoia foi aprobado definitivamente polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na data de 6 de outubro do 2010.
O técnico municipal de urbanismo velará polo cumprimento da normativa na materia, podendo os interesados en realizar calquera tipo de actuación suxeita a licencia, solicitar previamente informe de calificación urbanística da parcela ou edificación, a través da solicitude oportuna.
A solicitude de información urbanística pódese tramitar nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica.
- Tel: 988 48 69 00
- Fax: 988 48 69 01
- Correo electrónico: info@arnoia.es
- Web plan urbanístico
Xestión catastral de rústica e urbana
Todos os 24 de mes (agás sábados e festivos, que pasa ao anterior ou posterior segundo coincida) unha persoa da empresa Servicat S.L.L., visita Arnoia para xestionar temas catastrais. A través deste servizo os veciños poderán xestionar dende o concello sen necesidade de desprazarse ata as oficinas do Catastro de Ourense, altas, baixas, variacións de bens de natureza urbana e rústica, así como calquera troco nos datos catastrais.
É desexable chamar antes ao teléfono 988 22 25 33 para concertar cita previa e axilizar o servizo.