Por Resolución do 26 de decembro de 2022 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, concedeuse ao Concello deA Arnoia subvención por importe de 38.396,71 €, dun orzamento de 47.995,89 € para a execución da obra: “Mellora das infraestruturas públicas no núcleo rural de Remuiño”.
A actuación contou coa axuda financieira da Unión Europea e o Ministerio de Agricultura, pesca e alimentación.
INFORMACIÓN E PROMOCIÓN DO POLÍGONO AGROFORESTAL DE REMUIÑO
O Concello, ao traveso dos servizos municipais, informa e promociona o Polígono agroforestal homónimo executado mediante a mellora de inraestruturas públicas do núcleo rural de Remuiño.
O proxecto e información están a disposición dos interesados nas oficinas municipais