Novo servizo de atención a maiores sós e vulnerables

Novas

Novo servizo de atención a maiores sós e vulnerables

O Concello de A Arnoia creará un servizo de atención a maiores sós e vulnerables con visitas periódicas aos domicilios.

Logo de detectar situacións graves relacionadas principalmente coa soidade, o Concello decidiu aproveitar o programa Concilia, que actualmente é deficitario debido á baixa natalidade, para crear este novo servizo.

Está dirixido a maiores de 65 anos que viven sós ou en compañía doutras persoas en situación semellante, que non teñan relación ou apoio de famiiares habitual ou este sexa esporádico, que se atopen en situaicón de soedade non desexada ou carezan de apoio ante calqueira incidencia que poda xurdir.

Entre outros, trataranse o seguintes aspectos,

  • Detectar as necesidades.
  • Orientar para poder actuar no caso de que xurda algún problema cotián.
  • Infromar ás familias ou aos servizos sociais no caso de detectar unha situación anómala ou de risco e que sexa da súa competencia.
  • Escoita activa para coñecer o seu estado anímico e de saúde e facer un seguimento da situación.

As visitas realizaranse por parte de persoal profesional adscrito hoxe en día ao servizo de conciliación que actualmente está a funcionar no concello.

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio