Programa de Axudas de Rehabilitación de Vivendas no Rural

Novas

Programa de Axudas de Rehabilitación de Vivendas no Rural

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), publicou as bases para o novo programa de axudas destinadas á rehabilitación, ampliación ou terminación de vivendas no rural. Dado que A Arnoia conta con menos de 5.000 habitantes, os nosos veciños e veciñas poden beneficiarse destas subvencións plurianuais.

En que consisten estas axudas?

O obxectivo desta iniciativa da Xunta é financiar obras en concellos galegos de pequeno tamaño. Pódense solicitar para:

  • Rehabilitación integral: Inclúe actuacións de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética.
  • Protección contra o gas radón: Medición e execución de obras para evitar a súa entrada ou garantir a súa eliminación.
  • Ampliación ou terminación de vivendas.
  • Cambio de uso: Actuacións para destinar locais e entreplantas a vivenda

Contía da subvención:

O apoio económico da Xunta é moi importante para os propietarios:

  • A axuda pode acadar o 75% do orzamento protexido das obras.
  • O límite máximo é de 30.000 € por vivenda.

Quen pode solicitalas?

  • Persoas físicas: Que sexan propietarias ou usufrutuarias e acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.
  • Vivendas para alugueiro: Se a vivenda se destina ao alugueiro, non se aplica o límite de ingresos (máximo 3 axudas por persoa). Estas vivendas pasarán a formar parte do programa Fogar Vivo da Xunta.

Nota importante: As obras non poden estar iniciadas na data de publicación da convocatoria e o inicio das actuacións debe producirse dentro do exercicio 2026.

Prazos e presentación

  • Prazo de solicitude: Dende as 9:00 horas do 21/01/2026 ata as 14:00 horas do 01/09/2026.
  • Sistema de concesión: Concorrencia non competitiva (por rigorosa orde de presentación).
  • Forma de presentación: Pode facerse de xeito electrónico ou presencia

Máis información

Para calquera dúbida, podes consultar a web oficial da Xunta (igvs.xunta.gal) ou contactar coa Área Provincial do IGVS en Ourense no teléfono 988 386 268. O código do procedemento é o V1435E.


Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio