Recollida de enseres e trastos

Sin categorizar

Recollida de enseres e trastos

Lembrámosche que non está permitido deixar enseres, trastos ou calquera tipo de obxecto voluminoso nas rúas, prazas ou calquera outro espazo público do noso concello.

A partir de agora, realizarase un seguimento para identificar a orixe destes obxectos abandoados e imporanse as sancións correspondentes.

O procedemento é chamar ao Concello, e deixar aviso no 988486900 co teléfono e o contido da recollida.

Pódese chamar tamén con antelación e transportar en vehículo particular ao punto limpo de Beade en horario de LUNS A VENRES DE 9:00 ÁS 14:00H. PREVIA RECOLLIDA DE AUTORIZACIÓN NO CONCELLO

RECÓLLENSE:

  • MOBLES
  • ENSERES DOMÉSTICOS
  • MADEIRA
  • FERRO
  • ELECTRODOMÉSTICOS
  • CRISTAL

NON SE RECOLLEN:

URALITAS , ESCOMBRO DE OBRA, ELEMENTOS DE BAÑO, LOUZA. RECOLLE GRANIOREGA EN LEIRO

ROUPA, ACEITES, CARTÓN , VIDRO. DESBOTAR NOS CONTEDORES AXEITADOS NO CONCELLO

BOTES DE PINTURA, NEUMÁTICOS.

Cooperemos tod@s para manter Arnoia limpa!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio