Esta pasada fin de semana tivo lugar a segunda edición da Arnoia Sup Challenge, un evento que consolida ao noso Concello como referente do paddle surf e dos deportes náuticos.
Deportistas de 5 países déronse cita en dúas xornadas nas que se desputaron a Copa de España de Longa Distancia, a Copa de España da modalidade Sprint e foi tamén unha das probas da Copa Galega de Paddle Surf Race.
Tamén houbo actividades para todos os públicos como unha travesía popular para achegar este deporte á veciñanza, ás familias e a todos aqueles que quixeron gozar do evento fóra da competición.
Este evento potencia o noso municipio como destino de turismo deportivo e da visibilidade a esta lámina de auga” que tanto aprecian os deportistas.