Seguridade no rural: protexe os pozos nas túas fincas

Bando

Seguridade no rural: protexe os pozos nas túas fincas

No noso municipio, moitas fincas rústicas contan con pozos que se usaron ou se usan para regar. Porén, moitos deles están hoxe en desuso e poden converterse nunha trampa invisible para persoas e animais.

Desde o Concello de Arnoia facemos un chamamento á colaboración veciñal para evitar accidentes graves.

O perigo oculto:

A maioría destes pozos non están sinalizados. Ao ter o brocal a rentes do chan e estar moitas veces rodeados de maleza, son practicamente invisibles ata que se está xusto diante deles. Isto supón un risco real de caídas para calquera que pase pola zona.

Cal é a túa responsabilidade?

Se es propietario ou arrendatario dunha finca con pozo, a lei (tanto a do Solo de Galicia como a de Augas) obriga a garantir a súa seguridade. Que debes facer?

  • Sinalización: Que o pozo sexa claramente visible desde a distancia.
  • Protección física: Cubrir a entrada do pozo cunha tapa segura e resistente.
  • Peches: Valar o contorno do pozo para evitar o acceso accidental.

Evitemos sucesos graves

A adopción destas medidas non é só unha cuestión de normativa, é unha cuestión de seguridade para todos os nosos veciños e animais. Lembra que a responsabilidade ante calquera situación de risco recae sobre os propietarios das fincas.

Coidemos o noso contorno e evitemos riscos innecesarios. Se tes dúbidas sobre como protexer un pozo de xeito adecuado, podes consultar no Concello.

  • Teléfono: 988 48 69 00
  • Correo: info@arnoia.es

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio