Servizos Municipais
- Inicio
- Servizos Municipais
Axente de Desenvolvemento Local
O Concello de Arnoia presta, a través do seu ADL, os seguintes servizios a todos os veciños:
- Información e tramitación de axudas de:
- Rehabilitación e Reconstrucción de vivendas no medio rural (Plan vivenda 2009-2012)
- Rehabilitación do patrimonio etnográfico.
- Agrarias: forestación, comercialización e transformación de productos, S.A.T., fomento do asociacionismo
- Adquisición material informático e audiovisual para empresas, entidades sen ánimo de lucro e particulares.
- Emigrantes galegos.
- Asesoramento na elaboración do curriculo e cartas de presentación.
- Preparación para entrevistas de traballo.
- Asesoramento na búsqueda de emprego.
- Asesoramento para a constitución de ILEs, IER, IEBTs, asociacións e cooperativas.
Servizos de Augas e Sumidoiros
As dependencias para consultas, información e xestión de trámites relacionados con estes servizos atópanse nas oficinas da Casa do Concello.
O persoal de mantemento atende as reclamacións ou avisos que se produzan nas redes de auga e sumidoiros de carácter municipal, supervisando os distintos controis sanitarios que establece a lexislación vixente.
Servizo de abastecemento de auga domiciliaria:
O concello dispón de 3 depósitos reguladores para o abastecemento de auga á poboación e unha rede xeral conectada coas distintas “traídas de auga” que hai moitos anos instaláronse coa axuda persoal e económica dos veciños. Agora estase facendo unha nova rede que en 2 ou 3 anos chegará a todos os fogares, pero de momento está garantido o fornezo ben directamente ou ben a través das redes primitivas contruídas hai uns 40 anos. A auga fornecida procede de dous manantiais e dun pozo para o bombeo en caso de necesidade.
Servizo de tratamento de augas residuais:
O concello dispón dunha planta depuradora de augas residuais con capacidade para atender as necesidades de 2.000 habitantes á que chega un colector que a través da beira do río Arnoia vén recollendo os distintos afluentes dos diferentes lugares do concello. No caso de Remuíño, Reza e Porqueira ao non ser posible a canalización a esa planta, instaláronse depuradoras compactas para tratar as súas augas residuais. Queda o lugar de Lapela cunha fosa séptica que haberá que reconverter nunha compacta dependendo do volume de auga a tratar.
- Tel. información e xestión: 988 48 69 00
- Tel. contacto permanente (Sr. José Antonio): 669 77 57 59
Servizo de Electricidade
O Servizo de Electricidade ubícase nas oficinas da Casa do Concello, onde se xestiona o subministro eléctrico ao municipio. En horario de oficina poden consultar e pedir información os abonados do municipio dos datos de consumo e outros pormenores da súa póliza de abonado. Dende o mesmo lévase o mantemento da infraestructura eléctrica. Disponse de persoal técnico as 24 horas do día para a atención de calquera anomalía que se produza na rede municipal.
- Tel. información e xestión: 988 48 69 00
- Tel. contacto permanente (Sr. José Antonio): 669 77 57 59
Servizos Sociais
O concello de Arnoia presta os servizos sociais o través da Mancomunidade I. V. do Ribeiro, á que pertence dende a súa creación no ano 1988.
Horarios
Traballadora social (Chus): Luns e mércores de 09:00h a 14:30h
Psicóloga (Naír): Luns de 09:00h a 14:30h
Servizos
. Atención personalizada: Información dos recursos sociais dispoñibles.
. Valoración, orientación, apoio e asesoramento para axudar á superación de problemas
. Tratamento psicosocial destinado á adquisición de habilidades que faciliten a integración social.
. Xestión de axudas materiais.
. Atención residencial e aloxamentos alternativos.
. Axuda a domicilio.
. Axudas de emerxencia social.
. Prevención da marxinación social e de situacións de risco.
. Promoción social de individuos e grupos.
. Medidas para a inserción social.
Contacto: Tfno.: 988486900, Fax: 988486901
- Localización: Fondal de Beade s/n, 32431. Beade, Ourense.
- Horario: Luns de 09:00 a 14:30 e Mércores de 09:00 a 14:30